#NonSenEvidencia
A evidencia científica é unha das pedras angulares nas que se asenta a medicina moderna. Isto non sempre foi así: durante anos empregáronse tratamentos médicos sen comprobar previamente a súa eficacia e seguridade. Algúns foron efectivos, aínda que moitos tiveron resultados desastrosos.
Non obstante, na época da historia da humanidade na que máis coñecementos científicos se acumulan, existen aínda pseudo-ciencias que pretenden pasar por disciplinas próximas á medicina e chegar aos pacientes sen demostrar ningunha efectividade nin seguridade.
Os asinantes deste manifesto, profesionais sanitarios e doutras ramas da ciencia, xornalistas e outros, somos conscientes de que a nosa responsabilidade, tanto legal coma ética, consiste en achegar o mellor tratamento posible aos pacientes e velar pola súa saude. Por iso, a aparición nos medios de comunicación de noticias sobre a apertura dun proceso de regulación e aprobación de medicamentos homeopáticos preocúpanos como sanitarios, científicos e cidadáns, e cremos que debemos actuar ao respecto. As declaracións da directora da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) asegurando que «non todos os medicamentos homeopáticos teñen que demostrar a súa eficacia» e que «a seguridade non se ten que demostrar con ensaios clínicos específicos» non fan senón aumentar a nosa preocupación.
Polo tanto, solicitamos:
- Que non se aprobe ningún tratamento que non demostrase, mediante ensaios clínicos reproducibles, unhas condicións de eficacia e seguridade polo menos superiores ao placebo. A regulación duns supostos medicamentos homeopáticos sen indicación terapéutica é unha grave contradición en si mesma e debe ser rexeitada. Se non está indicado para nada, para que hai que empregalo?.
- Que a AEMPS retire da comercialización aqueles fármacos, de calquera tipo, que malia ser aprobados, non demostrasen unha eficacia maior que o placebo ou que presenten uns efectos adversos desproporcionados.
- Que o Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade e o resto de autoridades sanitarias persigan aquelas empresas que atribúen aos seus produtos calidades curativas ou beneficiosas para a saúde sen demostralo cientificamente.
- Que o Consello Xeral de Colexios de Médicos de España / Organización Médica Colexial, en cumprimento do artigo 26 do Código de Deontoloxía Médica, desaprobe aos facultativos que prescriban tratamentos sen evidencia científica demostrada.
Pingback: Manifiesto #NoSinEvidencia | Mediblog de Familia
Pingback: #NoSinEvidencia | SobreviviRRHHé!
Pingback: #NoSinEvidencia | Biblioteca Médica Virtual - Blog
Pingback: Hemos leído… » #NoSinEvidencia
Pingback: Manifiesto #nosinevidencia | Salud y Redes
Pingback: No sin evidencia | Haciéndome el Sueco
Pingback: No sin evidencia | Ibone Olza
Pingback: #NoSinEvidencia – #EzEbidentziarikGabe | Hij@s de Eva y Adán
Pingback: #NoSinEvidencia | La web de Maco048. Noticias criminología
Pingback: No sin evidencia | Manifiesto
Pingback: #NoSinEvidencia: Contra la regulación de productos homeopáticos como medicamentos sin exigir eficacia - chuso.net
Pingback: #NoSinEvidencia | El Módulo 2.0
Pingback: #NoSinEvidencia | A con Ciencia
Pingback: #NoSinEvidencia | Medicina Interna
Pingback: #NoSinEvidencia | ss_site_title
Pingback: #NoSinEvidencia No al engaño de la homeopatía | vtsartas... Mi Blog, mis cosas.. ¡eso!
Pingback: ¿Qué me da para…? Se une al manifiesto “No sin evidencia”. – ¿Qué me da para…?
Pingback: #NoSinEvidencia – Luis Aguilar
Pingback: No sin evidencia - Ibone Olza
Pingback: El Objetivo de Maite: #NoSinEvidencia, regulación medicamentos Homeopáticos - Nuestra Enfermería